Estudio e planificación do medio

 

A través da investigación documental, o traballo de campo, a análise da cartografía convencional e dixital, elaboramos informes técnicos que axudan a realizar unha correcta ordenación do territorio e dos seus recursos naturais e do patrimonio.

Pretendemos que estes informes constitúan un eficaz instrumento para o coñecemento, a valorización e a xestión sostible do medio.

 

Os principais servizos que ofertamos dentro desta área de traballo son os seguintes:

 

 

Outros servizos:

  • Proxectos de uso público de espazos naturais

 

Estudios ambientais e inventarios de flora e fauna


Estudo ambiental de avifauna da área de afección do parque eólico de Muxía


Este estudo desenvolvido ao longo de un ano fixo un seguimento das principais especies de avifauna que se encontran na área de afección polo futuro parque eólico de Touriñan (Muxía) co fin de establecer as medidas correctoras precisas na fase previa do proxecto para reducir os posibles impactos ambientais.

Inventario ambiental da área de afección do parque eólico de Pena Trevinca (A Veiga)


Estudo ambiental e inventario da fauna e flora da área de afección prevista polo proxecto de construción do parque eólico de Pena Trevinca (Ourense) realizada na fase de anteproxecto.

Programas de seguimento e vixilancia ambiental

Estudo de seguimento e vixilancia ambiental de avifauna  do parque eólico de Corme (Ponteceso)


Durante catro anos fixemos, segundo especificacións da declaración de impacto ambiental, o programa de seguimento e vixilancia ambiental de avifauna do parque eólico de Corme para avaliar o posible impacto que esta instalación podía provocar nas poboacións de aves do contorno do parque eólico.

Informes medioambientais

Informe da presenza de Centaurea corcubionensis na área de afección do parque eólico de Muxía


Neste estudo se avaliou a presenza/ausencia de especie Centaurea corcubionensis na prevista como área de afección do parque eólico de Touriñán (Muxía), co de propoñer medidas correctoras na fase previa do proxecto.

Informe da presenza de píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) e mexillón de río (Margaritifera margaritifera) no río Esla (Luarca).


Estudo realizado para detectar a presenza/ausencia de píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) e de mexillón de río (Margaritifera margaritifera) neste río na fase previa do proxecto de construción dunha minicentral hidroeléctrica no río Esla (Luarca).

 

 

 

 

 

 

Inventarios de recursos e estudos de diagnóstico

 

Estudo de diagnose e proposta de sinalización turística dos concellos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra


A través deste estudo fíxose unha análise pormenorizada do estado de sinalización da Ribeira Sacra; tanto sinalización externa como da interna, así como do estado da sinalización dos recursos turísticos de cada un dos vinte concellos que conforman o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e selección mediante matriz interpretativa dos máis importantes.
A partir dos resultados do estudo de diagnóstico, fíxose unha proposta de sinalización que abranguía cinco fases:

  1. 1. sinalización de acceso á Ribeira Sacra desde as vías de comunicación principais,
  2. 2. sinalización interna entre os distintos concellos,
  3. 3. sinalización dos principais recursos: direccional e interpretativa,
  4. 4. sinalización mediante planos de recursos de cada concello,
  5. 5. retirada de sinalización antiga e duplicada.