O río Xuvia, un tesouro do noso patrimonio natural que debemos coidar

O Concello de Narón co que cem,s.coop.galega leva colaborando desde os inicios da nosa actividade, propúxose desenvolver un proxecto de Educación Ambiental con efectos dinamizadores e de boas prácticas sustentables relacionados coa cunca fluvial do río Xuvia. As accións concretas que desenvolvemos, materializáronse en 3 publicacións para coñecer e protexer este espazo natural do río Xuvia.

A guía de itinerarios “Polas ribeiras do río Xuvia” ten como obxectivo fundamental  dar a coñecer os valores ambientais este espazo natural con figura de LIC, cunha extensión dunhas 2000 has  nas beiras do Xuvia e os afluentes máis importantes.  Ademais ofrece consellos de comportamentos para conservar e descubrir o patrimonio ambiental que agocha todo este territorio. Os 4 itinerarios propostos están ordenados por distancia e grao de dificultade e ofrecen unha novidade importante que é utilizar o tren FEVE, un transporte público ecolóxico, para volver ao punto de inicio. Os contidos que se tratan son moi diversos flora, fauna, xeoloxía, arquitectura popular, lendas e seres “encantados”, aproveitamentos humanos, consumo de auga, problemas ambientais…


 Polas ribeiras Xuvia


Para ver a guía de itinerarios pode acceder ao seguinte enlace Polas ribeiras do río Xuvia


A publicación “As ribeiras do Xuvia” é un caderno de traballo didáctico para 2º e 3º ciclo de Educación Primaria no que se trata de acordo do currículo escolar os conceptos, actitudes, valores, e procedementos máis importantes relacionados co espazo natural do LIC Xuvia-Castro. Tratase de estimular o descubrimento e a investigación en todos os aspectos relacionados co medio social e natural do río como a importancia do bosque de ribeira, os problemas ambientais  que temos que resolver, a diversidade de vida,  sopas de letras, cuestionario para avaliación do estado do río Xuvia…


cuberta 


Atlas temático e dixital da cunca fluvial do Xuvia, pretende ofrecer información xeral e sintética para a consulta de curiosos e tamén da comunidade escolar cunha secuencia de datos útiles para o tratamento didáctico. Os mapas temáticos son: división parroquial, agrogandeiro, comunicacións, socioeconómico, patrimonio etnográfico, poboación, patrimonio relixioso, patrimonio civil, patrimonio arqueolóxico, orográfico e hidrolóxico, hábitats, forestal, xeolóxico, espazos naturais. 


Agrogandeiro


Máis información e descarga de mapas no seguinte enlace Mapas de Narón.


Toda esta información está a disposición de todos na páxina web do río Xuvia.