Actualidade

  1. O sábado 11 de febreiro, a Deputación da Coruña fixo entrega dos diplomas acreditativos ás diversas entidades e colectivos que van participar no programa de custodia do territorio “Vive o Mandeo” encadrado dentro do Proxecto Mandeo.

  2. O CEIDA, centro de referencia da educación ambiental en Galicia, encargounos a coordinación técnica desta publicación. Na mesma recóllese un resumo dos programas e actividades realizadas nestes 10 anos da súa andaina.

  3. O Concello de Narón co que cem,s.coop.galega leva colaborando desde os inicios da nosa actividade, propúxose desenvolver un proxecto de Educación Ambiental con efectos dinamizadores e de boas prácticas sustentables relacionados coa cunca fluvial do río Xuvia. As accións concretas que desenvolvemos, materializáronse en 3 publicacións para coñecer e protexer este espazo natural do río Xuvia.